Sunday 05 de May de 2024

O GES de Brión asiste aos accidentados nun choque sen feridos entre dous vehículos na AC-447 en Negreira


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión respondeu esta tarde a unha alerta da Policía Local de Negreira por un accidente de tráfico entre dous vehículos na AC-447, nas proximidades de Negreira. Non houbo que lamentar danos persoais.

Tras comprobar o estado das persoas accidentadas e dos dous vehículos implicados, os tres técnicos do GES brionés desprazados ao lugar na Bomba Urbana Lixeira (BUL) procederon a retirar os vehículos da AC-447. Tras unha limpeza da estrada, o tráfico puido restablecerse con normalidade. Unha actuación na que tamén participaron a Policía Local e Protección Civil de Negreira.